Ascari Cars
Aparencia
Ascari Cars Ltd: | |
---|---|
Fundación | 1995 |
Localización | Banbury, Oxfordshire, Inglaterra |
Fundador | Klaas Zwart |
Persoas clave | Geoff Finlay ceo |
Na rede | |
http://www.ascari.net/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Ascari Cars Ltd. foi un fabricante británico de automóbiles con sede en Banbury, Inglaterra, e fundado por Klaas Zwart.[1] A compañía recibiu o nome de Alberto Ascari (1918–1955), o primeiro dobre gañador do Campionato Mundial de Pilotos.
A compañía cesou a súa actividade en 2010.
Historia
[editar | editar a fonte]Ascari Cars estableceuse en Dorset en 1995. O seu primeiro coche de edición limitada, o Ascari Ecosse, presentouse en 1998.
No 2000 Ascari Cars construíu unha nova instalación en Banbury no norte de Oxfordshire. O segundo coche de Ascari Car, o Ascari KZ1, desenvolveuse en Banbury, que tamén albergaba os activos de carreiras do Team Ascari. Os locais están agora ocupados por Haas F1 Team.
Coches de estrada
[editar | editar a fonte]
Ano | Modelo | Detalles |
---|---|---|
1995 | Ascari FGT | Primeiro concept car creado para as carreiras |
1998 | Ascari Ecosse | Versión de produción do FGT |
2003 | Ascari KZ1 | Versión de produción do coche de carreiras A410 |
2005 | Ascari KZ1-R | Versión de estrada do coche de carreiras do KZ1-R GT3 |
2006 | Ascari A10 | Versión actualizada do KZ1 |
Coches de carreiras
[editar | editar a fonte]Ano | Modelo | Detalles |
---|---|---|
1995 | Ascari FGT | Versión de carreiras do FGT concept, paticipante no British GT Championship |
2000 | Ascari A410 | Le Mans Prototipo |
2002 | Ascari KZR-1 | Versión mellorada do A410 |
2005 | Ascari KZ1-R GT3 | Versión de carreiras do KZ1, que correu na clase FIA GT3 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ascari Cars, Beautiful beast". The Manufacturer. abril de 2006. Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2009. Consultado o 2009-11-08.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ascari Cars |